
A economía está feita de emocións. Ben o sabía Restrepo, o comerciante de Ribadeo que xestionaba un bazar de numerosos produtos e unha única desorde. Nunca saías co mesmo patrimonio co que entraras. Nas tardes de decembro da infancia xuntabamonos para pensar unha broma que gastarlle. Gozabamos ríndonos del: “Quería un saltaparedes”, pediamoslle. Pero era el quen ría da nosa paga semanal. “Ah! Saltaparedes non me quedan. Viranme a semana que vén. Pero veñen de chegarme unhas pelotas de ping pong estupendas e téñoas a bo prezo”....
[Lire la suite]