Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
7 décembre 2011

CAMPO DE MARTE

GreatWarAgainstFundiesA descuberta saiume ao paso nun libro sobre a Historia recente de Bermeo. Juan Jaureguizar, concelleiro nos anos 20. A tía Charo confirmoume que "sempre había un concelleiro da casa". Daquela non lle preguntei por que partido, bandeirío ou terzo. O meu avó era liberal, seino porque lle lin nalgunha carta que os fillos dos peneuvistas lle lanzaban pedras contra os tellados dunhas naves que posuía no Portu Zarra -cun dique coñecido co alcume da familia, Frantxua-. Algo semellante perpetraban os fillos dos liberais. Ás veces, son os maiores os que se solazan coa violencia. Chemi lembraba o sábado que os falanxistas ribadenses colocaron unha traca no Campo de San Francisco, dedidante da casa consistorial, para celebrar que Franco, ou un dos seus conxerses, cesou ao alcalde do Opus Dei a.k.a. tecnócrata. O curso da violencia segue, agora axordecido pola civilización, pois unha candidata ribadense a deputada soportou que a apartasen á negación porque a familia rival preferiu que a vila quedase sen representación antes que consentirlle o triunfo.  

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 574
Publicité