Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
8 décembre 2011

AS PRECIOSAS CARAS ALEMÁS

giottoCada vez que me devolven unhas moedas tras realizar un pago, colócoas de cara unha por unha. Coidadosamente. Escollo de entre elas as que me interesan e rogo que me cambien as outras. Os empregados dos negocios acceden con perplexidade e discreta corrección. Buscan disimuladamente nos meus ollos para comprobar se teñen ese brillo de aurora boreal que nos sorprende sempre nas pupilas dos tolos, pero calan. Eu nada lles explico. Escollo, solicito educadamente a mudanza e marcho. Todo o que pretendo é atesourar moeda fabricada na meca alemá. Agora soamente confío en Merkel. Desconfío de Sarkozy, erguéndose sobre o tacón cubano para acadar altura europea. O presidente francés estende o echarpe do encanto galo sobre toda a unión económica e monetaria atendendo de esguello á colega alemá. Angela non cansa de desmentir movendo a cabeza coma eses cans de trapo que miran polas lúas traseiras dos coches. Este poli bo e esta poli mala lémbranme aos meus avós: Patxi mirando ao horizonte da ría de Bilbao cos ollos azuis e prometendo que podiamos montar no tiovivo todas cantas veces quixéramos; Aurora amosándonos a presada de moedas que nos quedaban e fitándonos cos ollos esgotados polas xeiras. Mesmo escoitando a Merkel falando alemán vénseme á cabeza a miña avoa correxindo en euskara co seu home para que deixase de enganar aos cativos.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité