Lois Pereiro foi unha desgraza para a cultura galega. Todo o que vía antes de morrer estaba destinado a sobrevivirlle. O problema está aí, que todos o sobrevivimos. Ningún creador posterior se lle pode comparar. Foi o escritor máis acertado, informado, moderno, innovador e fondo. Por riba, escribía aínda mellor cos mellores dos nosos. Sen poder evitar ser o clásico que nunca se pretendeu, chega á médula da xente, iso que as elites teiman en chamar pobo cando impostan que se identifican con el. Pereiro, ben o saben, protagonizou este ano cultural malia o que proeu en moitas egocentrias. Houbo unha presada de académicos, con Manuel Rivas asomando por popularidade, e, sobre todo, houbo un irmán, Xosé Manuel, e houbo asemade unha brigada de loisistas valentes que espallaron a súa obra en actos que brillaron por todo o país. En paralelo, houbo eventos oficiais, máis de cumprimento ca de convencemento; coma este que se inicia hoxe e polo que todos nos informamos grazas a dous estudosos de Lois Pereiro -Iago Martínez e Marcos Calveiro-, aos que se ignorou. Comprendo que non estaban na nómina de colaboradores habituais e andar buscando teléfonos é unha preguiza. O Ano Pereiro pecha,logo, coa mesma manchea de omnílogos habituais que o mesmo ilustran sobre a poesía do monfortino que nos deleitan cun alalá. Cabo deles, participarán no encontro os amigos do poeta e/ou os que aman a súa obra porque lle procuraron o cerne segredo e húmido.
jeudi 15 décembre 2011
OS OMNÍLOGOS AQUILATAN PEREIRO E NOS ALEDAN CUN ALALÁ
Commentaires sur OS OMNÍLOGOS AQUILATAN PEREIRO E NOS ALEDAN CUN ALALÁ
Nouveau commentaire
Aínda así que preguiza os lugares comúns de Gimferrer,e Ferrín,importantes pensadores e ensaístas.Sobre o gran irmán xa nin falo .
Impensable e increible mestura de intereses e oficio.Nao acredito nada semellante nun país que non sexa iste.Endogamia, autofaxia, imposible identificacion. Coma se a irmá de Rimbaud fora ispectora de Facenda.