Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
18 décembre 2011

E PARA COMER... COMO ERA?

Os cociñeiros lucenses son da raza falangueira. Xa o sospeitaba, por algunha conversa co didáctico Álvaro Villasante, por exemplo. Días atrás fixeron o traballo por min nunha sala ampla do Méndez Núñez de Lugo, que fora axeitada para a presentación do Fórum Gastronómico de Santiago 2012.

comer lugoUn xornalista sempre agarda a que un compañeiro faga esas catro ou cinco preguntas que asentan unha información. Ao verme en solitario, houben de recitar o cuestionario ao cociñeiro do España Héctor López; aos presidente dos hosteleiros lucenses, Cheché Real, e máis aos organizadores, Jaume Von Arend e Pep Palau. As miñas cuestións abondaron para prender os fogóns e poder apartarme para aprender nunha das rodas de prensa máis documentadas ás que nunca asistín.

Un acto que adoita limitarse a 20 ou 30 minutos estendeuse alén a hora. Todo sen que o contido perdese interese. Pep Palau informounos de que soamente dous lucenses poderán participar activamente no evento, o propio Héctor Lopez e a sumiller Mercedes González. Diante da sorpresa da subrepresentación que se nos vai asignar, Palau alegou que «non é cousa de poñer cotas» provinciais. Entendo que non se trata de que a cociña lucense consiga grupo parlamentario, pero si de que figure na proporción que lle é de xustiza no ámbito galego.

Le-Pneu-Michelin-Nunc-Est-Bibendum-Giclee-Print-C12046037Entendo que o problema, e ben o apuntaba o cociñeiro do España, é de que nos creamos a calidade que a provincia é quen de xerar e, sobre todo, que se recoñeza esa potencialdade. As facilidades non nos han sorprender porque a gastronomía é unha braña na que cada quen caza o prestixio e a gañancia que dá apañado.

Para comer, Lugo. O lema é breve, ten punch, é doado de lembrar e anima a sentar na mesa. Seica que empeza a ser máis ca atrezzo, que prenden as accións coordenadas para dotalo de contido, pero se os promotores do Fórum reservan unicamente dúas cadeiras a Lugo é un sinal de que aínda non está contando ben as cousas nin está logrando acceder aos foros precisos.

O propio Pep Palau denunciaba nese anuncio da feira compostelá a ruindade da ‘Guía Michelin’ con Galicia. Afirmaba que «se seguisen o mesmo criterio ca con Francia, habería 20 ou 25 estrelas no canto de 9» nestes país. Tras o son das súas palabras soaba un razoamento que se podía aplicar á representación lucense no Fórum.

Probablemente, se figurase algún restaurante noso na biblia vermella, teríamos máis xente en Compostela no vindeiro febreiro. Un amigo experto adoita afear aos inspectores da casa neumática preguiza para sentar nas nosas mesas pola retorta e perversa rede viaria que padecemos. Pero ben que acoden a lugares máis remotos. O atranco radica, talvez, en que non se chama por eles en ningures. E, para iso, dispomos dunhas institucións con posibilidades e cartos.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 427
Publicité