Estou vivindo unha segunda mocidade. Con 13 anos comentín todas as parvadas sen base lóxica que se deben cometer. Agora reproduzo en plasma a xuventude de Telefunken en branco e negro a través da miña filla. Eu sempre lle tiven indeferenza as sinaturas de famosos, paréceme que a súa implicación persoal comigo correspóndese co beneficio que lle tiran ao produto que venden. De novo, soamente estiven tentado a pedirlles unha sinatura a uns rapaces do Celta que ficaran no banquiño nun trofeo Emma Cuervo. A timidez paralizoume a lingua e máis o xesto. O sábado, sen embargo, botei hora e media nunha cola cun propósito menos loable ca facer acopio de dúas caixas de deterxente a metade de prezo. Tratábase de que unha rapariga de 14 anos, disfrazada de Mario Vaquerizo con roupas das Monster High, asinase á miña filla un libro que ela non lerá porque non comprende expresións coma a “tupidas cejas” co que se inicia; nin eu, que son tan xeneroso que mesmo podo lerlle algo a Reverte, podo percibir que alí non había materia publicable. O Amazonas sufrindo a serra garimpeira e escritores coma Lisi Harrison publicando. Mentres agardaba a que Draculaura tivese minuto e medio para atendernos, andei ollando 'Cita en Fisterrra', o último de Rei Núñez. Sinala nel que Galicia tivo políticos tan importantes como desaproveitados, citando a Montero Ríos, Eduardo Dato e o mesmo Franco, que mantivo a finca intacta durante corenta anos. Aínda Blanco cambiou a dirección de obra. Esta desconsideración dos políticos galegos cara ao seu, converteunos nun país de marchados e residentes ausentes que mudan en mortos vivintes Monster High, que tanto ten se teñen pulso ou non.
mardi 20 décembre 2011
AS MONSTER HIGH, GALEGOS QUE GOBERNAN EN ESPAÑA
Commentaires sur AS MONSTER HIGH, GALEGOS QUE GOBERNAN EN ESPAÑA
Nouveau commentaire