Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
21 décembre 2011

OS MESMOS CREADORES BAÑAN SEMPRE NO MESMO RÍO

free-pictures-sea-shell-spiral-ArtWerkLucía Etxebarria non comprende os ritmos da vida. Era moza dun amigo e cadrounos en Lugo hai os dedos de tres mans. Faloume da bio de Courtney e dunha primeira novela que lle ían quitar nuns meses. Retrateina o mesmo que a retrataría arestora: intelixente, culta, espilida, exhibicionista e desequilibrada. Anunciaba onte nunha mensaxe -que pintou de privada e logo deixou de selo- que deixaba de escribir para empezar a traballar. Caricaturizo, claro. Non entendeu os ritmos da vida. Pensou que unha situación prolongada era unha situación consolidada, dou por suposto que podería manterse sempre dun Planeta e unha pose ensaiada de botaporfóra. A vida avanza dun modo estrano, pero abonda con observala. A frecha do tempo non vai en liña recta nin sequera en círculos pechados sobre si mesmos; avanza en espiral. A espiral estase fechando nestes anos para os creadores que se bañaron unha e outra vez no mesmo río, a pesar do dito oriental que cega esa posibilidade. De feito, houbo artistas que eran coma peixes que beberon no río, beberon e beberon, e volveron beber. Enlazaban beca con axuda e subvención. Sei dalgún que deu feito durante trinta anos. O espiñento é que non contaba tanto o interese da obra que xenerase un como a súa capacidade para que os que manexan os mandos do tiovivo cada catro anos estendesen a man para axudar a subir. A boa noticia é que a arte, en todas as súas disciplinas, vai empezar a mudar tras moitos anos de ficar nunha ponte mirando pasar as mesmas augas toldas. Non menos debe reconfortarnos que os cartos dos nosos impostos poden ter un destino máis aquelado, aínda que, iso é só un inocente desexo, deberían reconducirse no ámbito da cultura ( a dotacións cidadáns e promoción de novos valores cun límite de idade, propoño). A mala noticia para todos os creadores que pagaban o piso por conta da obra, física ou intelectual, vendida a institucións é que van ter que abrir unha liña básica e popular de traballo, que sexa quen de xerarlles ingresos. E, asemade, agardar a que a espiral invirta o sentido do xiro e se abra.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité