
A Familia Importancia chamou onte ao periódico no que traballo. O Fillo Importancia preguntou polo seu, por que fóra na sección A no canto de figurar na B cando el sabía (sic) que era tema da sección A. De alí a unha hora chamou a Señora Importancia, sorprendida de que a súa exposición artística, que debería ser promocionada na sección A, aparecía de esguello na C. A Señora Importancia confesou que pensaba en alto a través do teléfono, como se actuase en paraleo á conversa que mantíñamos. Hai persoas con esa capacidade para desdobrar...
[Lire la suite]