dimanche 25 décembre 2011

UN CHOCOLATE FROUXO DE MÁIS

HAI POUCAS COUSAS que me saquen as gañas de comer. Aconteceume unha madrugada cando regresaba, cun xaxún involutario de media xornada, na parte traseira dun Land Rover da Garda Civil descendendo polas caeiras dos Ancares cara a Negueira de Muñiz abaixo. Os axentes, que saíran do cuartel de improviso, fixeron unha milagre bíblica ao quitar de non sei onde un molete de pan e uns chourizos tan locais como saborosos, con ese achega notable de pimentón que adoita saberlles aos da montaña lucense. Eles tenderon o compango e máis a... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:00 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags :