Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
29 décembre 2011

AS RAQUETAS DE ADMUNSEN

ADMUSNENA miña vida capilar é previsible. Responde a un eterno retorno. Cando noto que me o pelo tende a formar bucles na caluga, cando reparo en que aparto os flocos varias veces ao día, requiro á muller para que me pase a afeitadora. Os ciclos de medre e recurte correspóndense con períodos de doce lúas. Os tenistas deben verse atrapados tamén por esas rutinas. Así interpretei a confesión de que "fun demasiado previsible" que lle lin a Rafa Nadal. Máis nada souben porque todo o que me atrae de raquetas son as que calzaba Admusen cando avanzaba cara ao cerne do Polo Sur. O presidente do Goberno español fachendea de ser previsible, de non moverse do centro do ring, coma eses boxeadores que teñen tantas toneladas de músculo que avalían cada orde que lle transmiten a unha perna. O seu ministro de Economía prometeu revelar sempre a verdade. Ese tándem de actitudes é preocupante porque nada nesta vida avanza sen o mito, sen a expectativa, sen apariencia por configurar. Eu non quero gobernantes que sexan previsibles nin que m e digan a verdade. Prefiro que nos fagan construír a ilusión da Illa do Tesouro e nos enganen para que nos poñamos en marcha e deamos pechar este ciclo de recurtes e volver ao medre canto antes. Admunsen sospeitaba que no centro do continente xelado habitaba a nada, pero mantivo aceso o facho co que se guiaba.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 401
Publicité