samedi 31 décembre 2011

A FANFARRIA DO CORMORÁN

O persoal do Cabaret Voltaire foi visitar o mar esta mañanciña. Como festa de fin de ano non se nos representou na cabeza nada mellor. Camareiros, bailarinas, cómicos, músicos cos seus instrumentos e o mesmísimo xerente baixamos a rentes da ría de Ribadeo, un singular estiario situado ao norde do cantón de Galitzia. O ceo quixo abrirse nunha loaira dourada e apoucada, como eses nenos que tocan excepciolmente o piano e encarnan a distracción das visitas. A tona da auga, que estaba dun azul telefónica virado a escuro, termaba de unha... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 12:11 - Commentaires [0] - Permalien [#]

vendredi 30 décembre 2011

COLOR AZUL CASE MORGANÁTICA

A PARTIR DE certas idades é preferible que sexa inverno. Máis ca nada por porder disimular con roupa as molduras coas que o tempo e a gravidade van marcando a súa presenza. Son navalladas en forma de corazón de cando había bosques e o amor era una emoción prestixiada. Na mocidade acontece o contario, dámoslle un valor frívolo a amosar as grazas que nos concederon os xens. Valoramos o que temos proporcionalmente á envexa que xeramos nos outros. Ese defecto colectivo é o sal no conto sobre ‘'O traxe novo do emperador'’, cando o... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:00 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : ,
jeudi 29 décembre 2011

AS RAQUETAS DE ADMUNSEN

A miña vida capilar é previsible. Responde a un eterno retorno. Cando noto que me o pelo tende a formar bucles na caluga, cando reparo en que aparto os flocos varias veces ao día, requiro á muller para que me pase a afeitadora. Os ciclos de medre e recurte correspóndense con períodos de doce lúas. Os tenistas deben verse atrapados tamén por esas rutinas. Así interpretei a confesión de que "fun demasiado previsible" que lle lin a Rafa Nadal. Máis nada souben porque todo o que me atrae de raquetas son as que calzaba Admusen cando... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:00 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : ,
mercredi 28 décembre 2011

BUKOWSKI BEBÍA ENTRE LIÑAS

O PRIMEIRO libro de Bukowski non parece Bukowski. Os escritores están condeados a escribir o mesmo libro. Ben, iso din os autores dun só libro. Cervantes soamente escribiu ‘El Quijote’. O resto é silencio. Pero quen pare un libro interesante despois desa xenialidade? Agora estou lendo ‘Servizo de correos’ (Hugin e Munin) as batalliñas postais Bukowksi, grazas á nova editorial de Alejandro Tobar. Tobar edita ben bonito e traduce aínda mellor. Traslada toda a expresividade de Bukowski a un galego dunha precisión que dan gañas de deixar... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:00 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : ,
mardi 27 décembre 2011

TIVEN DOUS FILLOS E UNHA CÁMARA DE VÍDEO

A XERACIÓN de pais na que me encastrou a lotaría biolóxica é a máis estúpida e sufrida dende a morte do ferrolán coa voz de vicetiple. Parafraseamos o dito popular e lacazán de ‘vive como digan os teus pais ata que teñas que vivir como din os teus fillos’. Durante todo o primeiro cuarto da miña vida, atendín aos requerimentos dos meus proxenitores a respecto das asistencias á misa, a breve paga semanal ou a cantidade de Fanta que podía beber tras compartila, por imperativo legal, dos meus azorados irmáns, que se multiplicaban en... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 02:24 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags :
lundi 26 décembre 2011

UNHA BIBLIA E UN COLT 45 PARA SER MINISTRO

Papa Nöel deixoume unhas gafas panorámicas, a xeito de Ôscar Dalmau. Grazas a elas estou vendo a realidade en HD, reparando decepcionado en que é aínda máis de color de asfalto emlamado do que temía. Imos botarmos ao precipio dun novo ano sen dilucidarmos se ese brillo que se ve contra decembro do 2012 é que sairemos do túnel ou, case que máis probable, o tren vense a nós. Feijoo amósanos os petos voltos para fóra coma dous buratos negros por toda motivación da súa política, tan resoluta e esmagante nas postas en escea... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:00 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , ,

dimanche 25 décembre 2011

UN CHOCOLATE FROUXO DE MÁIS

HAI POUCAS COUSAS que me saquen as gañas de comer. Aconteceume unha madrugada cando regresaba, cun xaxún involutario de media xornada, na parte traseira dun Land Rover da Garda Civil descendendo polas caeiras dos Ancares cara a Negueira de Muñiz abaixo. Os axentes, que saíran do cuartel de improviso, fixeron unha milagre bíblica ao quitar de non sei onde un molete de pan e uns chourizos tan locais como saborosos, con ese achega notable de pimentón que adoita saberlles aos da montaña lucense. Eles tenderon o compango e máis a... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:00 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags :
vendredi 23 décembre 2011

O AUTOR QUE ESQUECEU INXECTARSE OURO

ÁLVARO CUNQUEIRO aprendeu logo os límites da vida. O seu pai explicoulle que non debía apartarse das rúas máis céntricas e seguras do Mondoñedo no que naceu o 22 de decembro de 1911 porque os milleirais que ascendían sobre as mesmas lindes da cidade estaban inzados de comunistas sen afeitar e con chaquetas vellas que atoparían un bo agasallo de Nadal ateo facerse co fillo do boticario. Dese xeito comprendeu que Mondoñedo era o mundo, ao xeito de Celso Emilio, e superou o cativo mapa local a base de transmutar cada obxecto... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:00 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : ,
jeudi 22 décembre 2011

A FAMILIA IMPORTANCIA CHAMOU AO MEU XORNAL

A Familia Importancia chamou onte ao periódico no que traballo. O Fillo Importancia preguntou polo seu, por que fóra na sección A no canto de figurar na B cando el sabía (sic) que era tema da sección A. De alí a unha hora chamou a Señora Importancia, sorprendida de que a súa exposición artística, que debería ser promocionada na sección A, aparecía de esguello na C. A Señora Importancia confesou que pensaba en alto a través do teléfono, como se actuase en paraleo á conversa que mantíñamos. Hai persoas con esa capacidade para desdobrar... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:00 - Commentaires [2] - Permalien [#]
mercredi 21 décembre 2011

OS MESMOS CREADORES BAÑAN SEMPRE NO MESMO RÍO

Lucía Etxebarria non comprende os ritmos da vida. Era moza dun amigo e cadrounos en Lugo hai os dedos de tres mans. Faloume da bio de Courtney e dunha primeira novela que lle ían quitar nuns meses. Retrateina o mesmo que a retrataría arestora: intelixente, culta, espilida, exhibicionista e desequilibrada. Anunciaba onte nunha mensaxe -que pintou de privada e logo deixou de selo- que deixaba de escribir para empezar a traballar. Caricaturizo, claro. Non entendeu os ritmos da vida. Pensou que unha situación prolongada era unha situación... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:33 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags :