vendredi 2 décembre 2011

APÁRENCESENOS OS ESPECTROS DOS ROBOTS DESGUAZADOS

ALGÚN DÍA serán os fantasmas dos robots desguazados os que nos dean sustos. Polo de agora, son as almas dos espías as que se nos aparecen. O último foi Paesa, cuxa biografía anda nas estremeiras do Código Penal e xa tan próximo a Cuarto Milenio que calquera día Iker Jiménez lle dedica un especial. O axente español obrigoume a buscar a miña lista de espías favoritos. Tras John Le Carré, por motivos literarios; Kim Philby, porque semella unha xustiza poética que lle pagues ao rapaz un college e che saia comunista, e Putin, porque lle... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:43 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , , ,

jeudi 1 décembre 2011

UN VOO A MARTE CON RYANAIR

As estadías en Marte teñen as súas vantaxes. Encántame botar un tempiño aquí todos os anos. Nunca imaxinei tanta oferta para o lecer ata que a 'Guía turística de Marte' (Akal), de William K. Hartman, mudou a miña perspectiva. Neste planeta atópanse sorpresas excepcionais. Agora estou gozando mirando as estrelas no medio e medio do día. Neste planeta excusas de agardar a que anoiteza e o alcalde decida apagar farolas por mor da crise e a excusa da contaminación lumínica. Aínda que todo ten a súa banda negativa, mesmo ser xenro do Rei,... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:00 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , ,