dimanche 1 janvier 2012
UNNHA INVERNÍA ASUMIDA
Acontece logo de atravesar o cabo de Boa Esperanza dos trinta anos. Encaras outro océano e préndeche a intuición de que morrerás algún día, de que o único eterno son as verdades que fixan as matemáticas. Ao primeiro, non tomas en consideración ese sabañón anímico, pero un día asumes que está aí e non vai desaparecer. Paco Martín contoume dúas ou tres voltas aqueles meses algo antes da metade da súa vida nos que a vida teimaba en dobralo pola metade. “Acabas por aceptalo”, confesa, sen perder o alento de estupefacción que nace... [Lire la suite]dimanche 1 janvier 2012
UNHAS HERBAS MENOS FINAS
UN PROFESOR de Dereito Civil que me deu clase incluía o tempo dedicado a pensar na xornada laboral do profesional da lei. Teño escoitado moitas veces na casa que o peor non é cociñar, senón pensar o menú. Elaborar os pratos para a propia familia nun día calquera logo se fai porque ese acto ten moito de mecánico.
Andoni Luis Aduriz é consciente da importancia de pensar porque vai pechar o Mugaritz durante uns meses para facelo, como adoitaba Ferrán Adrià.
O asunto é sobre que vai pensar Aduriz. Resulta estimulante soñar con escalar... [Lire la suite]