Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
2 janvier 2012

ROSALÍA TAMÉN ERA QUEER?

burroughs-bowieNUNCA me preocupou o que faga cada quen co corpo en prime time. Botei un trienio tratando de aclararllo a uns meus amigos e homosexuais da Compostela dos 80. Algúns leran o Burroughs de Queer Marica (Anagrama)- e sabían que Allerton ás veces «se deixa querer» polo protagonista. As contadas oportunidades encendían o desexo de Burroughs, como llo acontecía a Jean Genet con Stiliano, o seu chulo. Tanto Burroughs coma Genet se prestan a unha lectura ‘queer’, pero non se pode extrapolar. Teresa Moure vén de gañar o Piñeiro cunha lectura omnímoda da «literatura galega como ‘queer’». A súa visión nos retrotrae á crítica norteamericana dos 90 cando os estudosos da creación literaria se implicaron en movementos sociais. Estas correntes escollen un punto de vista sexual, racial ou social (homo, negro ou marxista) para reinterpretar as obras. Dese xeito, luxan as análises que deberían ser literarias de consideracións esóxenas. Francisco Rodríguez insinúa, co gallo de Rosalía de Castro. Estranxeira na súa patria, o homoerotismo de Rosalía. Cargou o resumo que me fixo niso, cando a escritora ofrece unha paisaxe ideolóxica moito máis estensa. O termo ‘queer’ tamén se usa como errado. Cando as diversas opcións sexan tratadas con normalidade, o exame literario se realizará en función da circunstancia do autor e non da obsesión do analista. Entre mentres eses tempos son chegados, agradezo a sinxeleza exenta de suspicacias coa que unha parella de lesbianas pasea por Meu pai vaite matar (Xerais), de María Xosé Queizán. O malo de Rosalía ou de Castelao é que se lles tiran tantas lecturas que parecen valedores moldeables a calquera causa.

&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&

[Aclaración a posteriori: Este artigo está feito baseándome nas declaracións do xurado e de Teresa Moure tras gañar o Ramón Piñeiro. A raíz da lectura, Teresa Moure escribiu no Facebook varias anotacións que rectifican o que eu comprendín. Reproduzo a que me parece que achega máis información: "Queer non só se refire a orientacións sexuais; é unha reivindicación da gama de grises, do que non cabe en catalogacións. Latexa un certo simplismo en dicir que todo "ou é boi ou é vaca". Persoalmente, no ensaio pretendía traballar no uso de queer en dous sentidos: 1) como axeitado para a literatura dunha nación sen estado, dunha produción asombrosa de textos nunha lingua minusvalorada polo poder -e ás veces por quen le e 2) como idóneo para criticar usos politicamente correctos, como galegos/-as, que parecen imporse sen nos obrigaren a cuestionarnos nada. Se queer só se referise a un subconxunto de literatura erótica non me interesaría..."]

Publicité
Publicité
Commentaires
J
e o seu home seica esfolaba...
Répondre
V
Non creo nesta interpretación de Rosalía. E aquela muller que escribía: Meu Deus, dádeme un home; anque me mate anque me esfole...
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 429
Publicité