Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
2 janvier 2012

FERMOSO E FEO

Abondaba con que lesen o 'Ricardo III 'de Shakespeare e unha biografía de Adenauer, o presidente que quitou a Alemaña do lameiro postbélico. Non van facelo porque todo o que len os nosos políticos son os dossieres que lles manda memorizar o partido nas escolas de verán e os contidos que lle tiran ao 'egosurfing' cando usan o Google. Lendo a Guillerme Shakespeare, aprenderían que un día pode ser "fermoso e feo" asemade, que unha vitoria é unha marca branca da derrota se se logra por unha marxe breve. Unha gran minoría no Bloque está cun pé fóra da fronte. Podería sumarse a esoutras que foron marchando para agrupárense no Bencomún ecogaleguista ou entregando a foto de carnet a Converxencia XXI. Máis Galiza e Encontro Irmandiño seguen fichando polas mañás na avenida de Rodríguez de Viguri, pero dinme que todo o que precisan para marcharen é ese derradeiro e cativo convencemento de que a súa influencia está supeditada á cativa maioría. Soamente están coma a Alemaña deconstruída polos bombardeos aliados, esgotados e agardando a que chegue un Adenauer democristián e sinale a porta de saía a nacionalistas, galeguistas, socialdemócratas e socioliberais que agora conversan en pequenos grupos porque desconfían entre eles. Shakespeare, unha vez máis, explicouno no 'Ricardo III': "Coñecemos as nosas caras, pero non os nosos corazóns".

 

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité