Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
3 janvier 2012

UN DETENTEBALA CONTRA A BATERÍA DE RECURTES QUE NOS DISPARA

GUERRERA1NUEVAVolveron as escuras pegas aniñar á altura do meu piso. Adoitan pasar a mudanza dos anos nun refuxio segredo que coidan en África, pero adiantaron o regreso. Na mañá de onte andaban brincando de póla en póla, cargando con ramalliños. Non me explico as présas. Terían que saber que veñen tempos de aforrar gasoil e encher os carros da compra con marcas brancas. As pegas deberon pensar que temos de fábrica o detentebala, a estampiña coa que os carlistas se sabían inmunes ás balas liberais. Imaxino que se encomendaron a Isabel Pantoja nas badaladas de Tele5, cando entregou o Cristo da Vitoria que protexía a Paquirri ao seu cativo. A cantaora pediu traballo para todos erixíndose en voz ética e empresarial. Logrou por uns segundos que esquecésemos a Cachuli e as bolsas negras mantidas de billetes. Ao cabo, Kiko Rivera, o seu pequeno, leva o bonito a casa a base de abrir discotecas e, supoño, pechalas. Non menos autorizada amosouse Belén Esteban, que volveu exhibir carencias lectoescritas en Sálvame para negar que Junior fose infiel a Rocío Dúrcal, pero menos alcohólico e un pai en abandono de funcións. Tanto e tan audaz espectáculo non me axudou a afastar do pensamento a Soraya Sáinz de Santamaría lanzándonos coa batería de recurtes. A vicepresidenta falaba cunha boca que se movía tan desacougadamente que semellaba emprestada, engolaba a voz para que o seu cerebro non a identificase como propia e se resgardaba tras un peiteado voluminoso que imitaba unha bandeira ao vento. O seu perruqueiro buscaba transmitir a sensación de deber patriótico lendo aquela lista de baixas, de combatentes que non colgaran o detentebala sobre o peito.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 432
Publicité