Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
4 janvier 2012

LONGA NOITEBÚS DE PEDRA

escala en vuelo

Roberto Varela estaba de paso. Facía escala en SCQ. A sensación que tirei na primeira e única vez que falamos foi de provisionalidade. Viña de aterrar da megalópole, do bazar das sorpresas neoiorquino, e un citröên con cristais de Ray-Ban Wayfarer trasladouno a Láncara coa mesma indolencia amoral cas barcazas cruzaban condenados a Alcatraz. Parecía confuso contemplando como se saudaban e se apertaban sorrintes os césares soberbios e carnosos da nosa cultura nun acto que debería presidir o novo conselleiro. Semellaba, no canto, protagonizar un cumpreanos sorpresa, entre perplexo e agradecido a un mérito que non lle correspondía. A nosa conversa pivotou -nada revelo a respecto das súas teimas- sobre dúas palabras: ensimismamento, internacionalización. O plan xeral non me pareceu mal daquela, discrepei a posteriori no regulamento que o desenvolveu. Co andar dos días no cargo, Varela foi prorrogando o presuposto cultural que tan ben trazou Ánxela Bugallo, o único conselleiro -uso o masculino para englobar a todos- que me provoca sebastianismo. Bugallo ordenou a nosa cultura e lanzou unha serie de iniciativas felices na maioría -o affaire dos mojitos é un mal chiste periodístico se se pretende avaliarlle a xestión-. Roberto Varela debeu de percibilo dese xeito e prefiriu manter a inercia na xestión antes ca meter a man nun poleiro que descoñecía. Optou por deixar que rodase todo o que estaba en marcha ata onde llo consentiu Fernández Currás e agardar pola súa oportunidade en Madrid. Os futuribles improbables están escritos para os valentes. Mesmo a súa ruleta correu a favor de Feijoo, que agora pode pechar a á leste da súa casa branca confirmando unha volta máis o seu convencemento que a cultura non figura non topten dos seus votantes. E un -el e todos- goberna para os seus. A Consellería de Cultura encástrase en Educación, co que, non próximo Día das Letras, aforraremos un dos dous coches oficiais. A cultura galega empeza unha longa noitebús de pedra porque a actividade neste eido, limitada á que promova a Xunta a falta de caixas, vai atender a simular que a Cidade da Cultura é un polo creativo e todo o que non pase por Gaiás non irá moi lonxe; ata a Capitol, talvez. Sorte que en provincias non nos interesan os concertos nin a modernidade, pois temos a nosa París de Noia e a nosa Panorama para bailarmos kuduro. Seica van regalar exemplares de Longa noite de pedra aos que residimos nas 28 rúas co nome do poeta que hai no país. Xa me tardan as noites de luar para organizar unha polavila no xardín cos meus veciños militares. Recitaremos a gorxa acesa, pretas as filas: "O teito é de pedra, de pedra son os muros,..."

Publicité
Publicité
Commentaires
J
que obrigado me sinto!
Répondre
R
Que atinado e que ben escrito.
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 432
Publicité