Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
5 janvier 2012

VUDÚ FIDEL

vaudu_castro1Cando comezas a aparecer nos documentais do Canal de Historia o teu corazón empeza a desacelerarse. Eses programas son un memento mori de que nunca serás eterno coma Mario Bros. Excusas de saber que están analizando a túa figura e o teu paso pola corrente inmensa e serodia da Humanidade. Semella vudú: aparécenche unhas punzadas nos riles que atribúes a unhas pedras, pero en realidade é o veciño que pretende ocupar a túa praza de garaxe quen empuña un boneco gordecho e loiro coma ti. O pasado luns, cando o ruxeruxe sobre a morte de Fidel Castro salfería twitter, xa andaban os da canle mortuaria botando Looking for Fidel, de Oliver Stone. No domingo, National Geographic dedicaba toda unha hora á figura do comandante en xefe, George W. Bush. A reportaxe, magnífica porque entraba mesmo no Air Force One, estaba construída a base de intercalar as imaxes dos atentados e as lembranzas de Bush. Foi estarrecedor. O presidente de Estados Unidos durante a barbarie tripulada do 11-S acordaba de como se ía repetindo a si propio os seus deberes en caso dun ataque masivo á súa nación. Facíao enumerando paso a paso cada cousa que había de acometer, coma un vello con alzheimer que trata de volver á casa. Estou certo de que cando morra en serio Fidel, teremos noticia de que se atopou un boneco de vudú cun alfinete nun caixón do seu despacho.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 528
Publicité