Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
7 janvier 2012

UNHA DEFENSA DE ANXO LORENZO

78Acredito na honestidade de Anxo Lorenzo. Arestora sinto o vocerío da humanidade galega reprochándome a afirmación. Permítanme que me explique. Ben, responde pegadamente ao que penso, polo prefiro expresalo cunha firmeza que non se consinte matices. Con crer niso, penso que se equivocou de país e de potencialidade. Enganouse de país porque Galicia padece unha presión ambiental de orixe católica que condena en todo canto leve o afeado recendo da ambición. Eu, ateo calvinista, defendo que os homes cargamos coa obriga de petar contra o teito das nosas posibilidades. O segundo erro de Lorenzo foi aceptar que daría desviado en varios grados o rumbo equiparador de galego e español, que tan severamente está magoando ao noso idioma ata o punto de empuxalo cara ao esluimento. Non comparto, nunca caín nesa trampa, a percepción estendida e asentida pola xeralidade da inteligencia nacional de que Lorenzo sexa un traidor execrable da nosa cultura. Xa dende que sentou na Secretaría Xeral de Política Lingüística entendín que era unha encarga técnica, unha especie de subcontrata encomendada a unha persoa allea á firma popular. Nese posto, adoptou unha expresión educadamente inerte diante do ballón que se lle botou sobre a cabeza e os ombreiros, e atendeu a alentar a lingua. As medidas de cara aos pequenos foron notorias e rendibles; mentres que, no eido dos adultos, ficaron coutadas ás súas posibilidades. Nese cargo foi todo o discreto que lle permitiron os blogs, os foros, twitter e algúns xornais que desbotaron con radicalidade imaxinarse na súa posición. Todo esa teimosía en aturar os ataques, inxustos ou non de todo, deulle os folgos para lanzarse a un campo de batalla chairo e aberto, exponencialmente máis arriscado, a Secretaría Xeral de Cultura. Anxo Lorenzo aprendeu o consello de Churchill para os gobernantes. Almorza un sapo cada mañá para soportar a insoportable levedade de ser cargo público. Confiando como confío na súa bonhomía, sabendo que é un experto en asuntos de lingua, non deixo de preguntarme estes días polas súas capacidades para un organismo de dominio tan amplo como a que aceptou dirixir unha vez decrecida a súa consideración á un nivel subdepartamental. Polo de agora é un enigma. O ano cultural empezoulle xa rodado con Celso Emilio, polo que será a partires de maio, o mes no que prende o noso breve e intenso calendario de actividade creativa, terei datos para opinar.

Photo. Winter storm, by Ansel Adams

Publicité
Publicité
Commentaires
J
Levas razón, Carlos, no que falas do meu coñecemento de AL. Falei con el dúas ou tres veces, sendo xa SXPL. Sempre foi amable e humano comigo, polo que non acerto a ver nel ese retrato que se lle fai. A miña opinión sobre el continúa sendo a mesma ca onte, aínda que non tiven con el a relación que tiveches ti e o meu material para xulgalo é menor e distinto.
Répondre
C
Ambición? Despeito? Ninguén dos excompañeiros de Lorenzo acerta a explicar como este home abxurou de todo o que levaba explicando e defendendo durante 20 anos en menos de 2. Vale que quedou fodido cando non foi o SXPL no bipartito, cando llo prometeran. Vale que o lobby piñeirista ten sempre que colocar peóns nos gobernos, foren cales foren, e el é un peón do trío das Azores. Vale que é un tipo frío, calculador e ambicioso (por iso da bonhomía non o cre ninguén). Ou lle mexaron nos ollos ou o abduciron ou nos tivo enganados a alumnos e compañeiros durante 20 anos. É como se ingresase nunha seita, agora é máis pepero que o propio PP. E el sabe -porque algo sabe de sociolingüística- que a estocada que lle meteu ao galego é mortal. E agora de Cultura? Pero se Lorenzo non saba NADA DE NADA de cultura galega, por favor... está posto aí para facer ver que cultura galega é tamén a que se fai en Galicia en castelán, a el non lle interesa nin a música galega (que despreza), nin o teatro galego (cando foi Lorenzo a un teatro?) nin a literatura galega (dubido que lese máis dunha ducia dos nosos clásicos, nin media). Lorenzo é un absoluto descrido nos temas do país. Eu fun alumno del, trateino, trato con xente que o coñece ben e é descorazonador falar con xente que o coñeceu e que xa non o recoñece. Ti falas así Jaureguizar porque non o coñeces, nin ben nin mal. E a xente que o disculpa igual, ou iso ou que están de acordo coa política glotocida que representa.
Répondre
J
Non o faría, Feijoo, o Partido Popular e o decreto trilingüe quédanme a desmán, pero trato de explicarme e explicar que Lorenzo pode ter os seus motivos para estar aí.
Répondre
M
Tu tambén o farias?
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité