Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
8 janvier 2012

O PÁIS DOS ANXOS (unha explicación para 'Unha defensa de Anxo Lorenzo')

Bad-BloggerSon un militante de causas de pésima calidade. Dáseme estrepitosamente mal marchar detrás de bandeiras e pancartas, atender a códigos e normas, asinar manifestos e asentir a proclamacións alleas. Prefiro andas ás ceibas, reflexionar dentro dos meus marcos. Hai uns anos, cando o Bloque xa metera a Ánxela Bugallo dereitiña polas escaleiras da Consellaría de Cultura abaixo, tiven a ocorrencia de valorar positivamente a xestión. Daquela, os puristas acenderon os ollos e botaron escuma pola boca. Aínda hoxe continuo acreditando en que xestionou excepcionalmente ben os medios e as xenreiras que lle tocaron. Non logrou a independencia nacional? Non chamou Cidade Castelao á Xermania do Gaiás? Ben, xa vimos as consecuencias do maximalismo, esa doenza que tanto cega e tanto mingua o nacionalismo deste país e que segue estorbando para que, ao meu pesar, non logre representar a este pobo.

Cando era neno, ía sempre cos sudistas en contra dos ianquis; pérdeme coñecer as razóns dos derrotados. Onte déuseme por escribir Unha defensa de Anxo Lorenzo. Atendín á persoa e aos motivos, confiando con clara candidez en que a ninguén se lle daría por pensar que eu comparto a política lingüística de Feijoo e, moito menos, o decreto co que o seu goberno regulou a cuestión. Por outra banda, recoñezo que a maioría da sociedade elexiu esa opción que me é tan allea e soamente me quedou asumilo. Pero non vou empezar a guindar pratos contra o chan porque non me guste o menú que escolleron os máis. No caso de Lorenzo, metín a man na fogueira para quitalo desta queima que me parece desmesurada e aínda houbo algún (mesmo amigos que deberían saber o que penso) que me quixo empuxar dentro. Así nos vai con todas estas arelas de perfección anxelical, de derrota en derrota ata a marxinalidade final.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 429
Publicité