Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
9 janvier 2012

FEIJOO ADÍA AS ELECCIÓNS A 2016

kennedyFeijoo confunde os verbos 'adiar' e 'adiantar'. Cando recoñece que vai 'adiantar' as eleccións, expresa que vai 'adiar' as eleccións. As eleccións galegas non se desenvolverán ata 2016. Antes -si, claro- teremos -seica no outono- un plebiscito sobre a súa xestión, que mediremos no número de deputados que sumen para a maioría absoluta do Partido Popular. Como a oposición non está nin se lle agarda neste tempo da seitura, contaremos os votos de aplauso ou conformidade nun montón e os votos de disconformidade noutro. Todo o que vai mudar tras ese referendo é o consello de goberno. O presidente deixou pasar a ocasión de cambiar de colaboradores, tan necesaria e solicitada no caso de Economía -a base sobre a que debería apoiarse o resto do executivo-, porque tempo ten para darlle unha pensada, que din os executivos. Rajoy levoulle os dous membros do seu equipo máis capacitados, Farjas e Currás, e pouco lle deixou, Hernández, Rueda e uns amigos que están aí como poderían estar erguendo a man para votar segundo lles indicase Louzán. O problema de Feijoo é que non chamaron por el. Para calquera político dunha formación estatal -non llelo reprocho, que conste-, Galicia é unha École Nationale de Administration á que os manda o partido antes de procurarlles un alto destino en Madrid. Así o entendeu o peareño, polo que se armou de esperanza diante a improbable vitoria estatal, confiado nunha segunda milagre como a que obrou el, e facendo exercicios de quecemento na banda. Cumprido o seu trienio de prácticas na comunidade, indícaselle de facto que vai continuar nela sen perspectiva próxima de ascenso. Parvos serían os populares se cambian o statu quo de relación de forzas no Hórreo. Incrumprida a profecía, Feijoo descubre que debe ficar no Monte Pío, algo que, hai un ano, non figuraba no seu dietario. Como consecuencia, non ten plan para Galicia. O país está parado pola crise e a perplexidade dos seus dirixentes, e sedento dalgunhas ideas que o guíen cara ao futuro, pero el non se recoñeceu como o chamado a conectar o cable azul co vermello e arrincar o motor. Como contrastado administrador que é, sabe xestionar os seus tempos e vaise dar outros catro anos para marcar unhas liñas do que el considera que debe ser este país que vai ter que manexar ata o daquela. 

Publicité
Publicité
Commentaires
J
O de Cuqui vennos mellor, mesmo recuperamos o cargo de gobernador civil e suprimimos a Xunta
Répondre
D
bon, si Feijoo non se entende con Rajoy que dimita e nombramos a Fernández de Mesa. Nos o que queremos é o cartiño.
Répondre
C
Como que aquí se adían as cousas? Teña en conta o titular do L-V: "Feijoo empraza o Goberno central a fixar antes de abril unha axenda cos temas prioritarios"
Répondre
J
;-) Goberno amigo? Neste caso, diremos a xeito de Pío Cabanillas: "Coidado, que veñen os nosos". Seica non hai feeling entre Feijoo e Rajoy
Répondre
D
para qué xestionar ? <br /> <br /> O goberno amigo proveerá ... para algo o votamos
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 416
Publicité