Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
11 janvier 2012

A GRANDE ESTAFA DA ANIMACIÓN Á LECTURA

Ted_Bobby_at_the_ZooOs fracasos que aguilloan con maior punzamento no corazón son os domésticos. Dende hai década e media veño participando en campañas de animación á lectura. Hai anos aplico cos meus cativos os consellos dos educadores (ter libros para nenos na casa, falarlles deles, poñerllos ao alcance,...) cos resultados dunha lectora compulsiva e un lector pragmático. A nena é lectora compulsiva porque pode botar horas concentrada, sempre que sexan horas adscritas ao mesmo e concreto día no que lle merco o libro que escolle. O rapaz é un lector práctico porque, ao cinco anos, intepreta sen dubidar as instrucións que debe seguir para avanzar nos xogos da DS. O pequeno explicoume onte que "eu non son de ler, con ler o que escribe a profesora na pizarra ben me chega".

Photo: Ted Bobby at the zoo. The Kennedy family album

Publicité
Publicité
Commentaires
R
Levo 15 cursos dando clase no ensino público e teño que dicir que esas supostas técnicas e consellos dos educadores sobre a animación á lectura ás veces carecen de seriedade e non contribúen a que os alumnos lean.

Ler é estar concentrado lendo un libro en silencio.

Pero eu teño visto supostas estratexias para animar á lectura que consistían en facer sombras chinescas ou en recortar titulares dun xornal.

Cando nos libremos destes animadores e retomemos o ler como lectura (sen complexos),

daquela poñeremos a ler aos nosos alumnos.
Répondre
J
A historia de cando te soñabas criada é preciosa. Canto as etapas non digo que non, pero máis libros que hai na miña casa... esperemos que sexa unha etapa
Répondre
G
Ao final nunca se sabe, disque todo son fases e etapas. A min ler sempre me gustou, pero cando tiña 5 anos, coma o teu pequeno, o de ter que escribir non me gustaba tanto: comuniqueille a miña avoa que quería ser "criada" para non ter que escribir, ela díxome que as listas da compra non se facían soas... O meu ghozo nun pozo!
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 427
Publicité