Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
13 janvier 2012

UN SAÚDA A VALENTÍN GARCÍA (novo SXPL)

ansel adams

O CEREBRO dos políticos está conformado para priorizar a opinión pública. Cando toman unha decisión moldean os seus argumentos a xeito de enquisas, sondeos e escrutinios; aínda que despois se expliquen detallando motivos ben diferentes. Feijoo houbo de pensar nestes días marchados no secretario xeral de Política Lingüística (SXPL). Tanto debía de terlle a quen elexira en termos do balconada de San Caetano cara fóra. Calquera candidato había de acaer como outro piñeirista infiltrado para os motivados galeguistas -que non votan Partido Popular- e non debía ceder ás gavelas glorilaguianas -por sufraxios que lle dean- nun cargo dun peso simbólico que o situaría irreversiblemente na radicalidade antinómica ao idioma propio do país. Achegouse así á Estrada, optando por un profesional sólido e de implicación política suavemente municipal como é Valentín García Gómez. A maiores, licenciouse en filoloxía galega, e encadeou cargos en normalización e dinamización lingüística, mesmo algún de ámbito nacional. Vai ao pé dunha década que coñezo a Valentín, un home de trato agarimoso, deses que che estreitan a man sen despistarse de sorrir e posúen o instinto para formatear o lugar que ocupan logo de entraren nun espazo pechado. Foron varias as ocasións nas que puiden gozar na Estrada da súa eficacia discreta na organización de certames como o Reimóndez Portela de xornalismo ou o García Barros de novela -que, neste segundo caso, o sitúa nun bo entendimento con Galaxia-. Soamente agardo que non lle abran un foxo atravesado na fe no camiño que andou.

 

Photo: Church and road. Bodega. Ansel Adams

Publicité
Publicité
Commentaires
J
Placebo, agradezo as achegas con datos que fai, que sempre axudan moito ao debate. Coincido en que Valetín ha telo complicado, pero temos que confiar na súa capacidade
Répondre
P
E ao outro, o innomeable, non o relou ninguén, escachizouse el soíño ao ser o brazo executor da normalización no ensino. Supoño que dentro de pouco se saberán os informes que asinou este señor (?) para xustificar o Decreto... para correlo a gorrazos deica Kuala Lumpur... mentireiro e falso ata a ignominia, asinou informes xurídicos (el que non é), informes económicos (el que non é), falseou 20 anos de prestixio nun puto papel ao servizo do glotocidio. O que fixo Anxo co galego é abominable, ai cando se saiba todo o que fixo...
Répondre
P
Valentín é un técnico competente e unha boa persoa, sen dúbida. Pero que vai facer aí? Nada, nada porque o do ensino xa está tocado de morte (só o 12% das escolas infantís nas zonas urbanas dan en galego cando o pediron o 41% dos pais) e na administración el non pincha nin corta porque as competencias en normalización nese eido son todiñas do falanxista Uzal, director xeral da Administración Pública. Valentín vai estar aí poñendo boa cariña e igual pensa que con iso xa vai safar... que pena!
Répondre
J
Meterán :-( Nin son quen de gañar as eleccións nin son quen de ver matices entre os cargos públicos.
Répondre
V
Oxalá teñas razón e oxalá non o metan na máquina de picar coma ó outro.
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 567
Publicité