Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
14 janvier 2012

RUÍDO DUNS SABRES OXIDADOS

organ transplant rusell lee 1937DISQUE OS pobos que ignoran o pasado están condeados a repetilo. En Galicia préstanos o ‘revival’, que son décadas convidando a Los Cantores de Hispalis a ‘Luar’ como para andarmos rexeitando a morriña como bela arte. Os socialistas de Vigo deberon verse atrapados nun pregue temporal cando lles entraron os grises, que agora visten de azul, para intervir na asamblea do martes. Os axentes non se presentaron alí por orde dun gobernador civil con bigote fino, senón que  actuaban a instancia de parte, pola chamada dunha militante de 70 anos que denunciou un empurrón. Confirmouse que o PSOE da maior cidade do país -que adoita lembrarlles Abel Caballero a Moreda e Barcon— segue sendo o avispeiro dos Balcáns no mapa enfermo da socialdemocracia galega. Tamén en Lugo volvemos sentir un apagado ruído de sabres oxidados procedente dunha tertulia de arqueólogos emocionais que añoran a ditadura reunidos nun hotel. Os días que nos felicitabamos de que marcharan apareceron soterrados nos xardíns de San Marcos. A Deputación ten que superar a vergoña de mudar o regulamento. Non lles quedou outra despois de que unha boa parte dos deputados se remexese nas cadeiras para evitarse apoiar á retirada do oropel a uns señores que decidiron que 5.000 lucenses deixasen de militar no seu presente. Non han regresar. Pero iso non significa que haxa que arquivar o respecto que se lles adebeda. 

photo: 'Organ transplant' (1937). Rusell Lee

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 416
Publicité