dimanche 15 janvier 2012

SUSA, A VACA MECÁNICA

OS MEUS FILLOS descubriron unha vaca no centro da Coruña e chamárona Susa. Eles están medrando a base de tetrabrick e failles chiste muxir no medio dunha cidade que sabe que o campo é un espazo ideal para a práctica do golf e andar amolando aos bechos cun quad. Téñolles falado dunha vella fraca e murcha que pasaba pola casa duns meus tíos en Riazor unha vez por semana para facer un grande vurullo coas sabas. Botaba o bolsón ás costas mentres eu a observaba, arrepiado, dende o limiar do dormitorio. A señora lavaba a roupa no río... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:00 - Commentaires [2] - Permalien [#]

  1