
Os de Standar and Poor's non teñen corazón. Ou, cando menos, padecen unha alteración na percepción das emocións alleas. Eles suben e, sobre todo, baixan as súas calificacións sen reparar en que detrás de cada presidente sempre hai unha gran muller. Ou un grande home. Imaxino a Sarkozy a noite do pasado venres, sentado no extremo dunha desas mesas longas que teñen permanentemente abertas no Elíseo porque disponen de sitio abondo, non coma vostede coas extensibles do Ikea. Carla no extremo oposto, coa tinta de Le Figaro aínda sen secar...
[Lire la suite]