Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
18 janvier 2012

GALICIA NON É SIMCITY, TEÑAN COIDADO AÍ FÓRA

streets and sanitationCANDO ME FALARON do borrador, a Saída Mexicana pareceume un órdago para centrar atencións e apañar poder. Andados os meses, reconsidereino e agora percibo que vai collendo volume ata ocupar o 50% das posibilidades posteriores á asemblea a desenvolver -case escribo 'celebrar', perdón- contra fin de mes. O colectivo que bota contas municipais no dia a día está na advertencia hai un tempiño. Son máis ca michelíns arzalluziáns que lle sobran ao Bloque, que non se arrisca a unha liposución, senón máis ben un número de ilusionismo cunha serra cortando o corpo pola metade. Pérez Bouza adoptaba onte ton de proclama fundacional sen ceder en temple ou sensatez. O Partido Popular, memorizando unha teoría política menos esixente e mudando en experto nun mimetismo sociolóxico, avanza canda a terra e o tempo. Eles empuñan a idea expresándoa a xeito de eslogan -"o PP é o partido que máis se parece a Galicia"-. Aínda hai quen o toma a chiste. O país é marcadamente de dereitas e recatadamente galeguista. O campo de desputa está delimitado por esas lindes e ben afastado do modelo Grándola Vila Morena. Aínda con todo, a ortodoxia gaña as eleccións nas bisbarras, está ben porque ten máis apoios; pero hai un territorio a gobernar que imita ben pouco SimCity e iso fica aí fóra.

Publicité
Publicité
Commentaires
B
ilustración perfecta deste post é o cap. 9 de cien años de soledad:

http://smplitera.blogspot.com/2009/11/cien-anos-de-soledad-capitulo-noveno.html

cando chegan os avogados
Répondre
J
Procurei evitar os verbos sangrantes, si
Répondre
X
Estivo vde. áxil na elusión de verbos comprometidos co xúbilo. 'Desenvolver' quedoulle algo eslamiado, pero sempre será mellor ca alternativas ominosas. Tómeno a risa.
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 429
Publicité