samedi 21 janvier 2012

"HAI ALGO QUE NOS DIFERENZA DO PARTIDO POPULAR"

Scott Fitzgerald andaba acomplexado co tamaño do seu picholo. Hemingway auxiliouno moralmente visitando museos para compararse co modelo idealizado na arte, sempre tendente a buscar os equilibrios. Andaron medindo a ollo homes esculpidos e varóns pintados, todos espidos, ata que Scott confesou ao cazador branco, corazón negro, que era o seu modelo. Ernest accedeu a acompañalo a un baño masculino e, medindo unha e medindo outra, concluíron que a descompensación era unha cativez, segundo conta Boris Vejdovsky na pimpante Hemingway.... [Lire la suite]