
O HOME CHEIRABA coma un botelo podre. Atopeino no medio e medio da Ponte Romana de Lugo. Sentín o seu fedor antes que descubrilo a el, coa cazadora harleydavidsoniana e o vaqueiro a media asta no cú. Eu fóra correr, pero parei de vez ao velo. Impactoume mirar un home duns corenta anos, guedellas centrifugadas e barba pecha escolmando cousas nun saco de plástico de protexer colchóns e unha bolsa de deportes cotrosa que, en tempos, fora branca. O tipo analizaba vagarosamente unha botella de Coca-Cola de dous litros, que se demorou en...
[Lire la suite]