nude ranchAínda non podemos vestir as roupas de alivio por Fraga e xa marcha Baltar, aínda que por retiro voluntario. Ambos os dous representaban un xeito de gobernar enxebremente galego: o exceso. As quedadas de empanada baixo carpa contábanse por ducias de autobuses carrexando entusiasmo e analfabetismo; as tomas de posesión brillaban polos exércitos imperiais de gaiteiros; as maiorías nunca baixaban un grao de absolutamente absolutas. "Supera iso", semellaba o lema. Non botarei en falla as trombonadas, nin sequera os xantares triples, nin a presenza de vez en dous enterros e un cabodano; nunca me deixei aparvar por ese canto a Galicia, jei, que ningunha relación tiña co país e toda coa súa arela de mandar. Sobre o futuro de Ourense e o nepotismo, como dixo en medio da batalla por ocupar o amplo espazo deixado por Fraga na Xunta: "Despois de Fraga, democracia". Pois iso.