Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
26 janvier 2012

OS RAFAS SITÚANSE NOS POSTOS DE SAÍDA TRAS O CONGRESO DO BNG

future car

Algúns nunca entramos en política porque cometemos o erro de cuestionala. Na adolescencia, teimamos na obsesión de cambiar o sistema, acreditando en termos uns superpoderes que pasan a estado gasoso no limiar da idade adulta. Sendo maiores, aínda mantemos o erro de atender unicamente ao máis enlamado do exercicio público. Teño varios amigos da miña quinta que son alcaldes, parlamentarios e mesmo un que chegou a conselleiro de xestión mellorable. Nós eramos novos e feroces, e andabamos prendendo lumes dialécticos anarquizantes; eles, debutaban nos estrados co discurso escrito por algún maior. Mentres algúns rexeitabamos sen matices as estuturas do poder, eles buscaban as fendas para ir penetrando por elas. O erro está claro de quen foi. O sábado veremos ata onde chegan os 'rafas'. Eles non desconfían do sistema. Rafa Vilar amosa olfacto abondo co Movimento Galego ao Socialismo, unha marca branca da UPG. Non vai determinar nada, segundo leo na prensa miope. Observo que lonxe de pretender determinar, busca situarse; fixar os seus marcos de cara ao futuro. Da xuntanza dos 5.000 deste sábado en Santiago pode depender se Vilar sae máis adiante o máis atrás na carreira, pero vai ser un corredor destacado. Outro Rafa, un chisco máis novo e doutra raza militante, agarda unha fuga no Bloque para facer el tamén a súa escapada á fin da noite e continuar á carreira do pai.

Publicité
Publicité
Commentaires
J
;-)
Répondre
B
Non pensaba que se puideran dicir en tan poucas palabras tantas sandeces, pero vostede conseguiuno. Parabéns.
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 416
Publicité