Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
27 janvier 2012

PATOS LANZADOS DENDE O BALCÓN

ERA INVERNO e tiñamos dez anos. Carmen pediu uns patos aos Reis Magos. Como pechou os ollos con forza, agarrou os dedos ata mancarse e se concentrou intensamente no desexo, os Reis cumpriron a petición. De longo. Deixáronlle unha parella de parrulos medrados no seu piso dun terceiro andar. Polas noites as aves durmían no balcón da casa. De mañanciña, a nai de Carmen lanzaba os patos ao xardín traseiro do edificio, onde tiñan un caseto que lles facía de abeiro. Cando había néboa semellaban Errol Flynn e William Prince caendo por sorpresa na retagarda inimigatomasz-gudzowaty-4 NENOS COLGANDO en Obxectivo: Birmania. Celso Emilio Ferreiro non lles pediu nada aos Reis. «Miña nai deume os camiños, meu pai deixoume o mar», aseguraba considerando iso como herdanza abonda. José Manuel é menos ambicioso. Pediulle ao pai un CityVille. O proxenitor non lle vai deixar o xogo virtual de construír e xestar cidades, senón unha provincia real e medrada, a xeito de Melchor con Carmen. O pai alberga a mellor das intencións, pero a herdanza está inzada de persoal , compromisos e frota de vehículos. Carmen empezou a ter problemas cos parrulos, que  andaban esfameados e atacaban aos veciños. A solución veu un amencer, cuns esmoleiros que agardaron a que lles caese o maná dende o terceiro andar. Houbo carreiras, berros e pánico, pero xantaron mellor ca nunca. Disque no campamento ata soaban delicados arroutos.

Foto. Tomasz Gudzowaty

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité