Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
28 janvier 2012

NON VALEMOS PARA CABALOS SALVAXES

Uns deses cabalos que vagaban ás ceibas ao ancho de Ribadeo empezou a berrar por Shakespeare cando reparou en que a lazada dun xinete apreixaba o seu pescozo: “O mundo non é amigo teu, nin as leis do mundo!” Aínda que a nós, como raza galega, préstannos as leis do mundo máis ca o mundo porque nos dan unha experiencia de seguridade por moito que sexa tan ficionada coma o chupete que nos acouga cando bebés. Somos un pobo moi de marco de leira. Nin sabemos andar por solto nin aprobamos que outros anden. Fachendeamos de que hai unha lapa libertaria ardendo nos nosos corazóns, pero sentimos a lazada como guía: eleximos fragas e baltares para que nos aten curto. O retrato da nosa orde social correspóndese coa que fai Paul Auster en Diarios de inverno -o mércores corran ás librarías porque o texto, con Anagrama ou Galaxia, emociona-. O escritor regresa ao seu primeiro apartamento parisino, alugado en Les Halles, para lembrar a estupefacción que lle provocou recibir unha nota da veciña de abaixo, Madame Rubinstein, á que nin vira, avisándoo de que se puxera en vintage-wedding-brazil-6contacto co propietario do edificio para queixarse do balbordo que erguía o escritor cos seus baños a medianoite. Auster sentíase “perplexo polo feito de que non chamara para falar cara á cara, como se fai en Nova York e, pola contra, fose polas costas para porse en contacto coa autoridade”. A súa conclusión é que “ese era o xeito francés, en contraposición á forma de ser norteamericana: unha fe sen límites nas canles burocráticas para resolver conflitos e corrixir pequenas inxustizas”. E somos, nese senso, afrancesadamente amantes das superestruturas, dos gobernantes que nos fascinan pola súa natureza inaccesible. Agora que Rajoy consinte por covardía un bipartito Montoro-De Guindos co pánico e as ordes contraditorias guiando unha gavela confusa, reparamos no bipartito Méndez-Gayoso que nos gobernou ao longo de décadas. Presentaban uns triunfos na man que non soamente non eran seus é que non pasaban de ser unhas dobres parellas que marcharon, ao cabo, ben indemnizadas. Auster acabou apaciguando a Madame Rubinstein desvelándolle a súa condición étnica: "Somos xudeus e non nos entendemos".

Foto: 'Vintage wedding in Brazil'. Ale Borges.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 429
Publicité