mardi 31 janvier 2012

UNHA INVERNÍA ASUMIDA

Acontece logo de atravesar o cabo de Boa Esperanza dos trinta anos. Encaras outro océano e préndeche a intuición de que morrerás algún día, de que o único eterno son as verdades que fixan as matemáticas. Ao primeiro, non tomas en consideración ese sabañón anímico, pero un día asumes que está aí e non vai desaparecer. Paco Martín contoume dúas ou tres voltas aqueles meses algo antes da metade da súa vida nos que a vida teimaba en dobralo pola metade. "Acabas por aceptalo", confesoume, sen perder o alento de estupefacción que... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:00 - Commentaires [2] - Permalien [#]
Tags :

lundi 30 janvier 2012

O CATWALK DA UPG EN AMIO

Nunca comprendin a lóxica concatenación pola que un pobo que baila erguendo os brazos se suicida tanto. Asumo que nunca o entenderei, como me desconcerta que non se poña a disposición da terceira forza política do país unhas instalacións máis dignas cun desabrigado recinto feiral e unhas cadeiras de plástico para xuntar cinco mil persoas. Sigo perplexo. Tamén polos resultados do congreso do Bloque que rematou onte. Non vou cuestionalos, porque foron a maioría decidiu e non pertenzo ao colectivo, pero non deixo de preguntarme polo... [Lire la suite]
dimanche 29 janvier 2012

O MEU PAI COCIÑABA PEDRAS

O meu pai cociñaba pedras. Rara era a fin de semana da democracia na que non prendía o forno para preparar uns minerais. Daquela, botaba toda a tarde supervisando tempos e temperaturas, nun protocolo que ía anotando nun dietario con tapas de cartón beige e unha espiral de arame no lombo. A súa letra era cativa e negra, como o ronsel das formigas. Mireino tantas veces pechado na cociña da casa concentrado nesa xeira que non me impacta toda esa fame experimentadora que teñen os cociñeiros da tecnogastronomía, malia que me resulta... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:00 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : ,
samedi 28 janvier 2012

NON VALEMOS PARA CABALOS SALVAXES

Uns deses cabalos que vagaban ás ceibas ao ancho de Ribadeo empezou a berrar por Shakespeare cando reparou en que a lazada dun xinete apreixaba o seu pescozo: “O mundo non é amigo teu, nin as leis do mundo!” Aínda que a nós, como raza galega, préstannos as leis do mundo máis ca o mundo porque nos dan unha experiencia de seguridade por moito que sexa tan ficionada coma o chupete que nos acouga cando bebés. Somos un pobo moi de marco de leira. Nin sabemos andar por solto nin aprobamos que outros anden. Fachendeamos de que hai unha lapa... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 03:57 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , , , ,
vendredi 27 janvier 2012

PATOS LANZADOS DENDE O BALCÓN

ERA INVERNO e tiñamos dez anos. Carmen pediu uns patos aos Reis Magos. Como pechou os ollos con forza, agarrou os dedos ata mancarse e se concentrou intensamente no desexo, os Reis cumpriron a petición. De longo. Deixáronlle unha parella de parrulos medrados no seu piso dun terceiro andar. Polas noites as aves durmían no balcón da casa. De mañanciña, a nai de Carmen lanzaba os patos ao xardín traseiro do edificio, onde tiñan un caseto que lles facía de abeiro. Cando había néboa semellaban Errol Flynn e William Prince caendo por... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:00 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags :
jeudi 26 janvier 2012

OS RAFAS SITÚANSE NOS POSTOS DE SAÍDA TRAS O CONGRESO DO BNG

Algúns nunca entramos en política porque cometemos o erro de cuestionala. Na adolescencia, teimamos na obsesión de cambiar o sistema, acreditando en termos uns superpoderes que pasan a estado gasoso no limiar da idade adulta. Sendo maiores, aínda mantemos o erro de atender unicamente ao máis enlamado do exercicio público. Teño varios amigos da miña quinta que son alcaldes, parlamentarios e mesmo un que chegou a conselleiro de xestión mellorable. Nós eramos novos e feroces, e andabamos prendendo lumes dialécticos anarquizantes;... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:00 - Commentaires [2] - Permalien [#]
Tags : ,

mercredi 25 janvier 2012

O EXCESO COMO ACHEGA GALEGA Á TEORÍA POLÍTICA

Aínda non podemos vestir as roupas de alivio por Fraga e xa marcha Baltar, aínda que por retiro voluntario. Ambos os dous representaban un xeito de gobernar enxebremente galego: o exceso. As quedadas de empanada baixo carpa contábanse por ducias de autobuses carrexando entusiasmo e analfabetismo; as tomas de posesión brillaban polos exércitos imperiais de gaiteiros; as maiorías nunca baixaban un grao de absolutamente absolutas. "Supera iso", semellaba o lema. Non botarei en falla as trombonadas, nin sequera os xantares triples, nin a... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:00 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , ,
mardi 24 janvier 2012

TRES NACIÓNS E UN APARTAHOTEL PARA O XACOBINO

O HOME CHEIRABA coma un botelo podre. Atopeino no medio e medio da Ponte Romana de Lugo. Sentín o seu fedor antes que descubrilo a el, coa cazadora harleydavidsoniana e o vaqueiro a media asta no cú. Eu fóra correr, pero parei de vez ao velo. Impactoume mirar un home duns corenta anos, guedellas centrifugadas e barba pecha escolmando cousas nun saco de plástico de protexer colchóns e unha bolsa de deportes cotrosa que, en tempos, fora branca. O tipo analizaba vagarosamente unha botella de Coca-Cola de dous litros, que se demorou en... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:00 - Commentaires [0] - Permalien [#]
lundi 23 janvier 2012

NÓS, OS INTERESANTES

ÁS VECES PEPE saúdame amosándome a palma da man rosácea cando entro no xornal. Outras, simula empuxar a alguén imaxinario. Non comprendo o seu idioma de signos, pero, como viste nun antroido barcelonista de xeito permanente, supoño que monologa sobre fútbol. Sei tanto do asunto como de raíces cadradas, polo que lle cambio de tema. Pregúntolle pola moto negra e lustrosa coa que achega periódicos aos lugueses, polas rutas que cubriu na mañá. Pepe sempre dispón dalgunha chanza no cargador para disparar e un par de euros para uns... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:00 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags :
dimanche 22 janvier 2012

UN PEIXE FEOTE QUE ABRE RUTAS

AFEITOS COMO estamos ás lendas de Cleopatra bañándose en leite de burra ou a que Rihanna malgastase doce botellas de champagne Armand para librarse do suor da xira que rematou este decembro de aí atrás, dámos un prestixio inmerecido a baños inaxeitados. A iso atribúo ese xeito tan educado como parvo polo que consentimos que algún comensal co que compartimos unhas luras fritidas as someta a unha ducha fría de zume de limón de pel fina recén exprimido. O costume, tan madrileño, ten unha lóxica que prendeu raíces nese tempo en que o... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:00 - Commentaires [0] - Permalien [#]