mardi 3 janvier 2012
UN DETENTEBALA CONTRA A BATERÍA DE RECURTES QUE NOS DISPARA
Volveron as escuras pegas aniñar á altura do meu piso. Adoitan pasar a mudanza dos anos nun refuxio segredo que coidan en África, pero adiantaron o regreso. Na mañá de onte andaban brincando de póla en póla, cargando con ramalliños. Non me explico as présas. Terían que saber que veñen tempos de aforrar gasoil e encher os carros da compra con marcas brancas. As pegas deberon pensar que temos de fábrica o detentebala, a estampiña coa que os carlistas se sabían inmunes ás balas liberais. Imaxino que se encomendaron a Isabel Pantoja nas... [Lire la suite]lundi 2 janvier 2012
ROSALÍA TAMÉN ERA QUEER?
NUNCA me preocupou o que faga cada quen co corpo en prime time. Botei un trienio tratando de aclararllo a uns meus amigos e homosexuais da Compostela dos 80. Algúns leran o Burroughs de Queer —Marica (Anagrama)- e sabían que Allerton ás veces «se deixa querer» polo protagonista. As contadas oportunidades encendían o desexo de Burroughs, como llo acontecía a Jean Genet con Stiliano, o seu chulo. Tanto Burroughs coma Genet se prestan a unha lectura ‘queer’, pero non se pode extrapolar. Teresa Moure vén de gañar o Piñeiro cunha... [Lire la suite]lundi 2 janvier 2012
FERMOSO E FEO
Abondaba con que lesen o 'Ricardo III 'de Shakespeare e unha biografía de Adenauer, o presidente que quitou a Alemaña do lameiro postbélico. Non van facelo porque todo o que len os nosos políticos son os dossieres que lles manda memorizar o partido nas escolas de verán e os contidos que lle tiran ao 'egosurfing' cando usan o Google. Lendo a Guillerme Shakespeare, aprenderían que un día pode ser "fermoso e feo" asemade, que unha vitoria é unha marca branca da derrota se se logra por unha marxe breve. Unha gran minoría no Bloque está... [Lire la suite]
dimanche 1 janvier 2012
UNNHA INVERNÍA ASUMIDA
Acontece logo de atravesar o cabo de Boa Esperanza dos trinta anos. Encaras outro océano e préndeche a intuición de que morrerás algún día, de que o único eterno son as verdades que fixan as matemáticas. Ao primeiro, non tomas en consideración ese sabañón anímico, pero un día asumes que está aí e non vai desaparecer. Paco Martín contoume dúas ou tres voltas aqueles meses algo antes da metade da súa vida nos que a vida teimaba en dobralo pola metade. “Acabas por aceptalo”, confesa, sen perder o alento de estupefacción que nace... [Lire la suite]dimanche 1 janvier 2012
UNHAS HERBAS MENOS FINAS
UN PROFESOR de Dereito Civil que me deu clase incluía o tempo dedicado a pensar na xornada laboral do profesional da lei. Teño escoitado moitas veces na casa que o peor non é cociñar, senón pensar o menú. Elaborar os pratos para a propia familia nun día calquera logo se fai porque ese acto ten moito de mecánico.
Andoni Luis Aduriz é consciente da importancia de pensar porque vai pechar o Mugaritz durante uns meses para facelo, como adoitaba Ferrán Adrià.
O asunto é sobre que vai pensar Aduriz. Resulta estimulante soñar con escalar... [Lire la suite]