
Os escritores non conciben que, para aboiaren no manar incensante do tempo, deberían mudar en certeza matemática. Todo o demáis, mesmo Shakespeare, ha ter un final. O fillo de Cela anda protestando polo alzheimer co que se descoida ao seu pai. Nesa relamación dunha acordanza colectiva vanlle o prestixio, a admiración e máis a conta de La Caixa. Cela repousa afastado porque foi un cronista e os cronistas reflicten unha singularidade histórica. “Era un malabarista da palabra”, definiuno García de la Concha dun xeito tan aburrido como se...
[Lire la suite]