Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
2 février 2012

RICARDO VENCEU NO CAUCUS DE AMIO #anBNG

truco ou tratoAbondaba con que lesen o Ricardo III de Shakespeare e unha biografía de Adenauer, o presidente que quitou a Alemaña do lameiro postbélico. Non van facelo porque todo o que len os nosos políticos son os dossieres que lles manda memorizar o partido nas escolas de verán e os contidos que lle tiran ao 'egosurfing' cando usan o Google. Lendo a Guillerme Shakespeare, aprenderían que un día pode ser "fermoso e feo" asemade, que unha vitoria é unha marca branca da derrota se se logra por unha marxe breve. Unha gran minoría no Bloque está cun pé fóra da fronte. Podería sumarse a esoutras que foron marchando para agrupárense no Bencomún ecogaleguista ou entregando a foto de carnet a Converxencia XXI. Máis Galiza e Encontro Irmandiño seguen fichando polas mañás na avenida de Rodríguez de Viguri, pero dinme que todo o que precisan para marcharen é ese derradeiro e cativo convencemento de que a súa influencia está supeditada á cativa maioría. Soamente están coma a Alemaña deconstruída polos bombardeos aliados, esgotados e agardando a que chegue un Adenauer democristián que lles sinale a porta de saída a nacionalistas, galeguistas, socialdemócratas e socioliberais que agora conversan en pequenos grupos porque desconfían entre eles. Shakespeare, unha vez máis, explicouno no Ricardo III: "Coñecemos as nosas caras, pero non os nosos corazóns".
Publicité
Publicité
Commentaires
X
A ver Xenxo, tranqui nonhai por que alborotarse.Vexamos e opinemos sen maldade pero tamén sen guillotina. En Amio eramos moitos. Uns pensan que para que o barco chegue a bo porto hai que seguir así e outros pensan que este rumbo nos levas aos cons.Unha, ou intentamos coller o mando para variar o rumbo ou collemos os botes salvavidas...e non pasa nada..ou si.
Répondre
J
Xenxo, agradezo que me leas e comentes as miñas entradas. Escribín varias cousas sobre o BNG estes días porque mantivo unha asemblea de importancia fulcral. Non teño interese na política activa, soamente como cronista. Discrepe da túa lectura: non critiquei ao Bloque no seu conxunto, máis ben ao contrario, apuntei algunhas percepcións sobre actitudes e feitos que poden levar a que deixe de ser un conxunto. Permite, por último, que sexa obsesivo, éme gratuíto. Os lectores? Aumentando mes a mes, grazas polo interese.
Répondre
X
Mozo, eu que ti facíamo mirar eh? . A ver se deixas en paz ao BNG home, non sexas obsesivo. Montade un partido ao voso gosto e a ver cantos o votan (seguro que menos que lectores tés) ou metete no PSOE como Xoaquin Leiceaga!
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 430
Publicité