Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
6 février 2012

CARME CHACÓN PERDEU POLA ORTOGRAFÍA

levirr-k-del-lobro-here-and-there-nea-york-the-new-york-timesNON HAI PARÁGRAFO incomprensiblemente denso que non se solucione cun punto e aparte colocado con xeito. Todas as mañás vou correr para incorporar ao instinto o sentido do ritmo co que debo pautar os meus textos. Paul Auster conta en Diario de inverno, non fai novidade, que le os orixinais en voz alta para asegurarse de que teñen o compás preciso, que non é outro que o da vida. Lembra, a maiores, a cuestión de Mandelstan: "Pregúntome cantos pares de sandalias gastou Dante mentres traballaba na Commedia" Agora fai moda a frase curta, porque moitos colaboradores de prensa se deixan vencer pola súa torpeza para colocar unha coma no lugar que require o tempo da oración e prefiren acollerse á comodidade do punto e aparte. Excuso xa de pedirlles algún punto e coma, un animal escaso, escabulideiro e avocado a desaparecer da faz da ortografía. Chacón perdeu precisamente por ignorar as comas e os contrarritmos. Unha volta que prolongara o seu nome de Carme a Carmen; unha volta que estendera a súa identidade, de catalá a enraigada territorialmente no 90% das Españas, e unha volta que se deitou unha véspera certa de que gañaría no 38º congreso, deixouse vencer polo ritmo. Alguén -Barroso, supoño- lle escribiu a trama de banalidades ideolóxicas e frases curtas que estaban sincopadas a fin de favorecer as profetizadas salvas de aplausos. Pero nin falaba nun mitin de bocata pagado con escoita nin miraba a cámara para Intereconomía. Berrou 22 veces con voz de loro que repite, mais non comprende o relato.


Photo. Serie Here and there. Hellen Levitt

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité