lundi 6 février 2012

CARME CHACÓN PERDEU POLA ORTOGRAFÍA

NON HAI PARÁGRAFO incomprensiblemente denso que non se solucione cun punto e aparte colocado con xeito. Todas as mañás vou correr para incorporar ao instinto o sentido do ritmo co que debo pautar os meus textos. Paul Auster conta en Diario de inverno, non fai novidade, que le os orixinais en voz alta para asegurarse de que teñen o compás preciso, que non é outro que o da vida. Lembra, a maiores, a cuestión de Mandelstan: "Pregúntome cantos pares de sandalias gastou Dante mentres traballaba na Commedia" Agora fai moda a frase curta,... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 23:58 - Commentaires [0] - Permalien [#]