Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
7 février 2012

SCOTT FITZEGARLD DESACELERA GASTOS

 

bidermanas 1FRANCIS SCOTT Fitzgerald teimou en ser quen non era. Botou unha tempada agobiado polas dimensións do seu pene. Hemingway levouno de xira polos museos para homologalo. Como non o deu convencido, acompañouno a un baño para servirlle de modelo. Acougou, pero deulle a teima de ser rico. «Dende o bacherelato ata a universidade preocupoume que non había de ir a Yale», confesa nun ensaio de Mi ciudad perdida (Zut). Ao tempo que se sente excluído da élite formativa, confesa a envexa do seu amigo Perry, quen «naturalmente, nunca foi á universidade». Perry era un visionario que lle afeaba a Francis como «morboso» todo o que non se lle facía práctico. E Perry chegou a poñerse rico. O propio Scott Fitzgerald escribiu a esgalla ata chegar a cobrar grandes cantidades. O seu nivel de vida tamén medrou, pero dun xeito xeométrico. Chega un momento en que tivo que resetear a súa relación de ingresos e gastos, tal e como conta no texto Como sobrevivir con 36.000 dólares al año. O aluguer da casa, unha casa de revista, representaba unicamente un dez por cento desa cantidade de supervivencia. O autor informa de que «abandonamos a clase dos novos ricos e nos instalamos na clase dos presupostos», apunta antes de comentar que a súa muller mercara un libro de contabilidade para desacelerar os gastos. Como sinala a editora, Yolanda Morató, Mi ciudad perdida trata de «aqueles que adquiriron a súa fortuna da noite para a mañá e non deixan de preguntarse canto lles durará e como conseguiron outros que lles dure». Malia todo, Scott Fitzgerald non deu eludida a quebra. Dorothy Parker espetoullo diante da tumba: «Pobre fillo de puta».

Photo: Chiens du Passage Ganneron (Paris, 1951) Isiz Bidermanas

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 416
Publicité