mercredi 8 février 2012

O MILAGRE COMBADO DE DON HONORIO

Don Honorio tiña un perfil atraente; non escribín atractivo, escribín atraente. Aquel cura agochaba un sorriso difícil baixo o aspecto escuro, pero non semellaba perverso. Ao contrario, a estrutura da súa alma transparentaba tan sinxela que nin debía de caberlle un recuncho para perxudicar ao próximo. Supoño que nunca se propuxera o mal porque pouco decidía sobre a súa conduta. Seica era burgalés e fillo de garda civil, que son dous marcadores xenéticos que aflúen cara ao sacerdocio con mansa naturalidade. Acabou destinado en Ribadeo.... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:02 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags :