Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
9 février 2012

#BNG, DE CASA COMÚN A HABITACIÓN CON VISTAS

izis-bidermanas-15

Os Calvo-Sotelo e os Bustelo adoitan compartir o casa grande familiar de Ribadeo- a Casa de Bengoechea ou Casa de Abaixo- para veranearen. Ao ir medrando o seu número, xeración tras xeración, foron chegando a acordos -favorecidos por negociacións amables e sorteos- para fixaren quendas de uso. Na orixe eran de meses, pero pasaron a ser de quincenas e despois de semanas. Na última década, segundo me contaba unha beneficiaria, adoitaban erguérense sen saber quen e cantos ocupaban as habitacións. O BNG foi funcionando con quendas e mesmo medrou notablemente grazas a ese sistemas de equilibrios respectuosos. Chegaron as minguas e os enfrontamentos. Daquela, a UPG adiantouse a facer valer a súa disciplina organizativa para ir gañando votación a votación ata a vitoria final, en Amio. Un éxito democrático que, nese mesmo día, empezou a soar a fracaso estratéxico. Aymerich vingouse cumprindo as normas que lle coaran e extraditouse da protavocía parlamentaria cara á universidade. Teresa Táboas prendeu a Revolución Mexicana na tardiña de onte. Unha semana antes, Rafa Cuíña bromeaba no seu Facebook cunha foto propia como posible cartel electoral. Veremos nestes días os movementos dos +Gz e dos beiristas, pero dá a impresión de que á UPG se lle rompeu o Bloque de tanto usalo, como na canción da Jurado. Tito da Devesa, como lle decimos en Ribadeo, explicouno polas claras. Pasou de liderar a casa común a quedar nunha habitación a velas vir. Unha mágoa que aconteza isto porque a intención de agrupar aos nacionalismos era idónea, pero os cálculos de resistencia de materiais non puideron ser peores -era cuestión de preguntar a Táboas, é arquitecta-. Dende o punto de vista cuantitativo, ata pode resultar beneficioso o cisma, porque dúas propostas favorecerán que votantes que se senten afastados e ignorados polo BNG empecen ou volvan votar nacionalismo. A situación de recolocación no PSOE pode contribuír a nutrir unha escisión á que mesmo chegarían sufraxios do PP. Pachi Vázquez,que mñais ca un partido ten unha contra ao xeito das centroamericanas, aprendeu do recurte nas barbas do veciño e ofrece un achegamento aos críticos. A información que publica hoxe El País mesmo pode representar unha resolución para o socialismo galego, porque, se Blanco recupera imaxe e pode empezar a argallar en público o que agora fai en privado, pode que sitúa a Besteiro como candidato á Xunta. Daquela, o preocupado debería ser Feijoo, porque o rival ten outra entidade e outra chegada ao elector. Non estaría de máis que uns e outros preguntasen aos Calvo-Sotelo-Bustelo porque, entre diputados, secretarios, ministros e presidente do goberno, levan decidindo en Madrid dende hai 105 anos.

Photo. Serie Paris des reves (1949) Izis Bidermanas

Publicité
Publicité
Commentaires
J
Señor Sobchak, ten vostede toda a razón: a periferia galega (o que non é Lugoslavia, ;-))non sabe quen é Besteiro, pero non esqueza, agora en serio, que Blanco foi quen de crear un presidente do Goberno sobre a base dun cándido deputado leonés. Besteiro ten mellor materia prima e a empresa é menor
Répondre
W
Apenas un apuntamento: Penso que ao autor lle perde a sua orixe lugoslava. Sen negar a valía de Besteiro (tampouco é difícil ser mellor que Vázquez), coido que o coñecemento da sua persoa no resto de Galicia é bastante cativo.
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 427
Publicité