vendredi 10 février 2012

JAVIER ROMPEU UNHA GASOSA

Javier rompeu unha gasosa. El e máis eu estabamos asomándonos á adolescencia nos arrabaldos de Ribadeo. O pai mandárao por unha botella das que envasaba Rañón por tras do cine. Cando volvía para casa, debía de estar imitando a Fofó ou algún pallaso da televisión, ou debía de andar nos biosbardos, a desgraza foi que se lle eschachou nunha gabia, a un cento de metros da casa. Javier non se presentou no partido de fútbol posterior á merenda. Escapara da casa porque temía, seica con motivo, unha malleira do pai. Eu, coa candidez da clase... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:00 - Commentaires [0] - Permalien [#]