samedi 11 février 2012

AMBULANCIAS, AUTOBUSES, CONDUTORES

NON SABERÍA dicirlles quen dos dous era Cochi e quen era Nini. En Ribadeo tratabamolos coa mesma soberbia que a outros rapaces que baixaban das aldeas. Contabannos que almorzaban sopas de viño e que cumprimentaban os deberes á luz dunha candea. Eses detalles nos erguían socialmente uns centímetros por riba delas. Eramos vilegos e bastante fatos. Andaba onte rematando ‘Semanas, meses’ (Faktoría K), un diario na que a escritora finesa Tina Lundán e o seu home, Reko, narran os catro anos de travesía polo inferno dende que a el lle... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:00 - Commentaires [0] - Permalien [#]