dimanche 12 février 2012

HORTALIZAS MANCHADAS DE TERRA

As verduras da miña infancia clasificábanse en dúas categorías: verduras e «verduras do país». Daquela chegaba a sentir un poderoso orgullo galeguista ao escoitar a aquelas señoras de bata de cadros que vendían no mercado de Ribadeo e tardei ben anos en decatarme de que o seu concepto de país era diferente do meu. Todas as verduras da miña infancia eran do país, polo que tiñan en común algo determinante, o sabor puro, pero tamén algo estético: vendíanas pousadas en cestos de vimbio escuros e estaban manchadas de terra. Supoño... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:00 - Commentaires [0] - Permalien [#]