1900 close of a careerRAMÓN REBOIRAS definía días atrás o signo dos tempos. «Houbo unha tempada en que desapareceron os meus amigos; algúns morreran, outros non se poñían ao teléfono, outros perderan o traballo; outros, o matrimonio, e outros, a cabeza», apuntaba na presentación de ‘Visita a un extraño’ (Periférica). A conclusión que tiraba dese aillamento era que «non descendemos do mono, descendemos da incertidume». O escritor coruñés constrúe unha novela sobre o abandono da elite por parte dun executivo que resetea a súa vida. Agóchase nun entrechán desabrigado que acolcha cos seus libros e discos para insonorizar o mundo. O antigo triunfador sobrevive escribindo horóscopos fabulosos para unha revista feminina e como azaroso xogador de poker on line. O autor cóntao nun libro ao que unha minoría vai atender, como acontece coa inmensa maioría dos libros. Para relatar o estado das cousas acaeunos moi ben a biografía de Charles Dickens. A nutrida información sobre o escritor inglés que nos está nevando co gallo dos dous séculos dende o seu nacemento vainos excusar da xeira de ler a súa obra. Esa enxurrada informativa dos medios sérvenos para establecer comparacións entre a situación actual e a que coñeceu o escritor londinense tras asumir que o exprimiran nunha fábrica de betún —unha desas belas metáforas negras que traza a vida—. A situación é ben máis favorable para os pobres de agora ca para os que malvivían daquela, pero a excusa bicentenaria vale para meter nun comentario calquera a David Copperfield ou Mister Scrooge sen tocar un texto. A min, valeume para tirar o ‘Oliver Twist’ (Galaxia) do alto everest dun moble.

Photo: The close of a career in New York (circa 1905) by Byron. 8x10 inch dry plate glass negative, Detroit Publishing Company.