Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
15 février 2012

AS ILUSIÓNS CEGADAS

roma

O presidente español botou o que leva de estadía na Moncloa ameazando co que “sabemos o que temos que facer”. Intuímos que existe a Verdade Revelada porque coñecemos unha fonte con capacidade de emanala e sospeitamos que xa o fixo. A falta soamente de que as eleccións andaluzas pasen por riba do estertores socialistas, agardemos un deses discursos nos que o mandatario estatal move a cabeza a espasmos aseverativos adiantando o queixo coma se fose unha pomba que procura unhas migas de pan e asemade está alerta por se algún gato decidiu merendar. As medidas labosociais de Rajoy, o xeito de adoptalas, son unha consecuencia do seu estilo xestionar. Por arriba atende ao que lle requiren; por abaixo, trata de ordear no campo de batalla o seu exército prusiano no que ningún xeneral quere mandar un grao menos ca outro. Son conscientes de que exerce o poder coma unha terapia ocupacional na procura do carisma do que Aznar lle fixo crer que estaba dotado para prolongar o seu propio mandato. Antes, as torpezas se lle escapaban por esquecer un micro sen pechar. Agora, recoñece a tumba aberta que este ano aumentará o desemprego, cometendo o máis grave que pode cometer un político: cegar a ilusión.

Photo. Cinecittà, 1956 © William Klein

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité