Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
16 février 2012

A MARCA E OS VENDEDORES

BIRD

O niño era esférico e tan cativo que podería apreixarse coa man. Os carrizos elaboran coidadosamente os abeiros, pero son malos urbanistas e descoidan o emprazamento. O domingo descubrín un niño na praza alta da Fonsagrada, equilibrado entre as pólas dunha árbore fráxil e espida. Abren un buratiño no caparazón da bóla para entraren. Os carrizos son paxariños célibes, pero indefensos. Voan sen afastarse demasiado da casa porque saben que poden deitarlla en calquera momento. Guillerme conmina aos que marcharon a que entreguen as armas electorais e de sustento que representan os cargos públicos. Excusa de botar contas. Dá por suposto que todo canto deputado autonómico e provincial, alcalde e concelleiro canto lograron é atribuíble á marca. Lugo era unha das cidades nas que se vían máis coches Fiat. Disque o vendedor era moi convincente. Remítome a un caso que coñezo. A sociedade ribadense votou maioría absoluta. Ribadeo conserva remanentes do porto internacional que foi hai tres séculos, polo que non se recoñece na UPG nin sequera no BNG, recoñécese en Fernando Suárez Barcia; tanto ten que milite no Bloque como que se presente pola Peña Madridista del Eo. Os carrizos son unhas croquetas con bico e cola. Non se deben afastar do niño, pero está de máis que as aves que fican se atribúen o labor de recoller e colocar cada ramalliño.

Publicité
Publicité
Commentaires
J
Parece claro cara a onde vai tirar. Entendo que está agardando a que falen os seus
Répondre
X
E con todo e iso, o Fernando aínda non aclarou se cambia de escudaría, digo concesión.
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité