Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
20 février 2012

DOUS AVENTUREIROS NA PROCURA DUNHA COROA

ÁS VECES leo libros que non me interesan. As novelas de amigos e recomendados non contan. Teño dúas columnas de libros a ler na sala. Cando me chega un deses volumes introdúzoo polo medio do resto e vou deixando que a lei da gravidade cumpra a súa condea e vaia esmagando nel ata que desapareza. É preferible perder coñecidos a perder o tempo. Ás veces leo por motivos profesionais. ‘La soledad de la reina’ (La Esfera de los Libros), de Pilar Eyre, foi o último. O COROAtexto da catalá orixinaria do Saviñao está alimentado rexoubas polo contido das últimas cen páxinas, a quinta parte do texo íntegro. Eu linas nun sprint porque se me botaba enriba a hora de entrevistala, pero Eyre recolle, ordea, fundamenta e racionaliza todos os ruxe ruxe sobre os descoidos matrimoniais do Rei. O interesante é o que está antes. Os monarcas españois resultabánme indiferente, pero infórmome por Eyre da mocidade feroz que padeceu Sofía de Grecia: exilio, escasezas, frío, doenzas,... A xornalista conta o aillamento e a miseria da familia real grega cunha precisión e unha riqueza estilística allea á redacción apresada da profesión. O relato sobrecolle, pero entende un de onde quitou a raíña a determinación para xogar ao gato e o rato con aquel vello ferrolán que acariñaba aos netos coas mesmas mans coas que viña de asinar unha execución. A parte central do libro é unha descrición da hábil estratexia dunha parella que se marcou o obxectivo de colocarse unhas coroas sobre a cabeza e que tivo que loitar en soidade contra centos de poderosos rivais. Senón é porque a recoñecemos como Historia, semellaría a típica novela xuvenil de rapaz e rapaza superando probas para lograr a chave do reino.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 430
Publicité