Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
21 février 2012

FRANCO FOR EVER

Artifact Corralitas 2010-03-27_1

Franco tiña as mans pequenas e frías. Debe de ser a única parte do seu corpo que me acorda conmiseración. Esas mans o mesmo pintaban unhas tenras paisaxes marroquíes que asinaban con letra de bordadora unha condea a garrote vil ou acariñaban unha exótica xuntanza de netos de seu e borbonciños. Hitler tamén pintaba e teño para min que en Hendaia se loubou en abundancia a Víctor de Grailly e pelaxe desa. Por iso, estou certo de que Franco consentiría a escultura de Eugenio Merino; el, que consentía o palio por extrema frivolidade. Porque Franco era España e o resto terra conquistada. Jaime Alonso, presidente da Fundación Nacional Francisco Franco -que vén sendo como se a Lei de Memoria Histórica permitise a Fundación Ignacio de Juana Chaos-, ándalle varias escalas no sentido do humor ao seu esponsorizado e proclamou unha denuncia alegando que "non se atrevería a facelo cando el vivía". Eu tampouco, a verdade: os pelotóns de fusilamento dánme un nonseiqué. Non é nada persoal, apenas unha lixeira vertixe. De feito, o que máis me amola de Franco é que morrese. Certo que tiven tres días sen clase na altura, pero ata llos perdoaba. O director de Arco queixábase de que o balbordo sobre Always Franco impedía que se apreciase a calidade da pel, as unllas e máis o pelo da recreación. Unha mágoa, porque esta técnica de macarena nos achega bastante ao ditador, prendéndonos a ilusión de que podemos carrexar o sufrimento que causou aos nosos antergos diante dun tribunal. Pero Always Franco é unha falacia, por moito que Merino e Alonso se resistan a asumilo. Houbo paz para os malvados; de feito, algúns aínda están morrendo.

Photo: Diane Edwardson, 2010.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 429
Publicité